Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes (dous lotes). Expediente 20/2014.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes (dous lotes).

c) División por lotes e número: si, dous.

Lote 1: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, situado no lugar de Quián, s/n, no concello de Boqueixón (A Coruña).

Lote 2: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, situado na rúa Igrexa, nº 19, no concello de Pontevedra.

d) Prazo de execución: desde o 1 de setembro de 2014, ou desde a data de sinatura do contrato, se é posterior, ata o 30 de xuño de 2015.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 79714000-2 e 98341130-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: mellor oferta económica.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 44.022,00 €, IVE (21 %): 9.224,62 €, Importe total: 53.266,62 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 88.044,00 €.

5. Financiamento: Fondos Propios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 1.100,55 €; lote 2: 1.100,55 € (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46 (consultas administrativas) 981 54 66 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20719

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar