Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre a constitución, modificación, disolución e cancelación de diversas sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Constitucións:

a) A sociedade agraria de transformación Terrablanca, SAT nº 1424 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social na Cruz, s/n, Aciveiro, 36556 Forcarei (Pontevedra); obxecto social: produción avícola de carne; capital social: 300,00 euros; nº socios: 3. A Xunta Reitora está integrada por: Rafael Fiestras Canabal, presidente; Mª Teresa Fiestras Cachafeiro, secretaria e Mª Blanca Canabal Villaverde como vogal.

B) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Valle Vega Arneiro, SAT nº 1184 XUGA, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria dos socios Jesús Faustino Louzao Ferraces e Cristina Valle Vega que transmiten a totalidade dos seus títulos entre o resto de socios.

2. Aprobar a alta como nova socia de Josefa López Castelao a quen lle son transmitidos 712 títulos dos socios que causan baixa.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, alta e baixa de socios, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Pablo Valle Castiñeira

712 títulos

35.600,00 euros de capital social

Eva Vega López

712 títulos

35.600,00 euros de capital social

Josefa López Castelao

712 títulos

35.600,00 euros de capital social

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Pablo Valle Castiñeira, presidente; Eva Vega López, secretaria e Josefa López Castelao como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación A Fonte, SAT nº 1251 XUGA, na asemblea xeral do 30 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Mónica Chain Pérez, presidenta; Patricia Chain Pérez, secretaria; Germán Chain Val e Mª Emilia Pérez Cabo como vogais.

c) A sociedade agraria de transformación Gandería Hermanos Carnota, SAT nº 1169 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Carnota Mosquera, presidente; Jesús José Carnota Mosquera, secretario e María del Pilar Rey Mira como vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Albores-Mazaricos, SAT nº 4261, na asemblea xeral do 27 de marzo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Carmen Suárez Lema, á cal acordan practicarlle a liquidación por importe de 2.408,00 euros, o que supón unha redución do capital social.

Como consecuencia desta baixa, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Luis Alvite Barcia

1 título

2.408,00 euros de capital social

María Benilde García Alvite

1 título

2.408,00 euros de capital social

Adriana Souto Suárez

1 título

2.408,00 euros de capital social

Dolores Barcia Vilarnovo

1 título

2.408,00 euros de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 9.632,00 euros e estará representado por 4 títulos de 2.408,00 euros cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Luis Alvite Barcia, presidente; Adriana Souto Suárez, secretaria; María Benilde García Alvite e Dolores Barcia Vilarnovo, como vogais.

e) A sociedade agraria de transformación Vilanova de Arroxo, SAT nº 626 XUGA, na asemblea xeral do 27 de maio de 2014, que ratifica a do 14 de maio de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Anular o acordo tomado na acta do 14 de febreiro de 2014.

2. Aprobar a baixa por defunción do socio Tomás Gómez Gómez que transmite os seus títulos ao pretendido novo socio David Gómez Gómez.

3. Aprobar a alta do socio David Gómez Gómez.

4. Aprobar a redución de capital social nun título de valor 300,52 euros.

Como consecuencia desta baixa e alta de socios, e redución de capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Gómez García

199 títulos

59.803,48 euros de capital social

José Gómez Gómez

199 títulos

59.803,48 euros de capital social

David Gómez Gómez

199 títulos

59.803,48 euros de capital social

5. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 179.410,44 euros e estará representado por 597 xustificantes nominativos de 300,52 euros cada un deles».

6. Aprobar a modificación da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Gómez García, presidente; José Gómez Gómez, secretario e David Gómez Gómez como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Cando, SAT nº 1254 XUGA, na asemblea xeral do 5 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que esta integrada por: José Manuel Fernández Táboas, presidente; Juan Pablo Fernández Iravedra, secretario e Nieves Iravedra Novo como vogal.

g) A sociedade agraria de transformación Mogo, SAT nº 1143 XUGA, na acta de asemblea do 12 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a redución do capital social nun título de valor 601,00 euros.

Como consecuencia desta redución de capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Lucía Blanco Rodríguez

125 títulos

75.125,00 euros de capital social

Silvina Corvelle Calviño

125 títulos

75.125,00 euros de capital social

Jesús González Corvelle

125 títulos

75.125,00 euros de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en douscentos vinte e cinco mil trescentos setenta e cinco euros (225.375,00 euros) e estará representado por 375 xustificantes nominativos de seiscentos un euros (601,00 euros).

h) A sociedade agraria de transformación Virxen dos Remedios, SAT nº 837 XUGA, na asemblea xeral do 27 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan Carlos Varela Aguiar, presidente; José Adolfo Aguiar González, secretario; Mª Carmen Aguiar González, Juan Carlos Aguiar González, Manuel Antonio Aguiar González e José Aguiar González como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Agricultura Algrabusan, SAT nº 1346 XUGA, na asemblea xeral do 1 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 699.825,00 euros e estará representado por 3.999 xustificantes nominativos de 175,00 euros cada un deles».

j) A sociedade agraria de transformación Millarada, SAT nº 1342 XUGA, na asemblea xeral do 14 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Arsenio Torres Rielo, presidente; Regina Torres López, secretaria e Vanessa Torres López, como vogal.

k) A sociedade agraria de transformación Ganadería do Campo, SAT nº 975 XUGA, na asemblea xeral do 8 de abril de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Docampo Grela, presidente; Ana Belén Docampo Noya, secretaria; Alexandre Muíño Castro e Mª del Carmen Noya Antelo, como vogais.

2. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

l) A sociedade agraria de transformación Ganadería Sabadelle, SAT nº 1101 XUGA, na asemblea xeral do 31 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Rectificación do punto I da acta de asemblea do 16 de marzo de 2010, referente á aprobación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Manuel Fernández Fernández, presidente; José Luis Lareu López, secretario; María Suárez Calvo, tesoureira e Libia Alsira López Eiriz como vogal.

m) A sociedade agraria de transformación Traba-Lema, SAT nº 4360, na asemblea xeral do 24 de maio de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa por defunción do socio Manuel Lema Carracedo, que transmite o seu título á súa dona Mercedes Moreira Baneira por acordo de todos os seus herdeiros.

Como consecuencia desta transmisión de títulos o capital social queda distribuído entre os socios de seguinte forma:

Mercedes Moreira Baneira

1 título

30,05 euros de capital social

Clarisa de la Fuente Vázquez

1 título

30,05 euros de capital social

María Lema Lema

1 título

30,05 euros de capital socia

Modesto Castro Sar

1 título

30,05 euros de capital social

María Pose Castiñeira

1 título

30,05 euros de capital social

Manuel de la Fuente Lema

1 título

30,05 euros de capital social

Manuel Esmorís Cotelo

1 título

30,05 euros de capital social

Julio Romar Andrade

1 título

30,05 euros de capital social

José García Pose

1 título

30,05 euros de capital social

Yolanda Castiñeira Álvarez

1 título

30,05 euros de capital social

Dolores Lavandeira Pose

1 título

30,05 euros de capital social

Mercedes Lema Pose

1 título

30,05 euros de capital social

Rosa Lema Pérez

1 título

30,05 euros de capital social

Antonio Lema Pose

1 título

30,05 euros de capital social

José Moreira Pose

1 título

30,05 euros de capital social

2. Aprobar a modificación da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Mercedes Lema Pose, presidenta; Antonio Lema Pose, secretario; Dolores Lavandeira Pose, Manuel de la Fuente Lema e Mercedes Moreira Baneira, como vogais.

n) A sociedade agraria de transformación Floro, SAT nº 1315 XUGA, na asemblea xeral do 14 de maio de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta como novo socio de José Antonio Gómez Pol.

Como consecuencia da alta, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Antonio Gómez Pol

10 títulos

100,00 euros de capital social

María Salomé Iglesias Conde

10 títulos

100,00 euros de capital social

María Dolores López Díaz

5.423 títulos

54.230,00 euros de capital social

José Rodríguez López

5.423 títulos

54.230,00 euros de capital social

José Manuel Rodríguez López

5.423 títulos

54.230,00 euros de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 162.890,00 euros e estará representado por 16.289 xustificantes nominativos de 10,00 euros cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Manuel Rodríguez López, presidente; José Rodríguez López, secretario; María Dolores López Díaz, María Salomé Iglesias Conde e José Antonio Gómez Pol como vogais.

o) A sociedade agraria de transformación Folgueira, SAT nº 1264 XUGA, na asemblea xeral do 11 de xuño de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Antonio Folgueira Puente, presidente; Óscar Folgueira Prados, secretario e Herminio Folgueira Puente como vogal.

p) A sociedade agraria de transformación O Canal, SAT nº 1206 XUGA, na asemblea xeral do 27 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Domingo Casanova Montero, presidente; Manuel Cando Mouriz, secretario; Manuel Fernández Rielo, Ángeles Funcasta Goldar, Mª Celia Mouriz Losada e María Cando Mouriz, como vogais.

q) A sociedade agraria de transformación Bodegas Testeiro, SAT nº 1091 XUGA, na asemblea xeral do 16 de xuño de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Ratificar a acta de asemblea do 21 de abril de 2010, a excepción do punto 1 referente á modificación do artigo 11 do estatuto social.

2. Anular as actas de asemblea do 28 de abril de 2014 e 4 de xuño de 2014.

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasan a estar integrada por: Concepción Rodríguez González, presidenta; Juan Ignacio Rodríguez González, secretario; Concepción González Macia e Avelino Rodríguez González, como vogais.

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por cinco membros.

r) A sociedade agraria de transformación Mingas, SAT nº 1334 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Mª Camiño Castro, presidente; Elena Camiño Castro, secretaria e Ana Mª Moreira Rosa como vogal.

s) A sociedade agraria de transformación Os Foros, SAT nº 1231 XUGA, na asemblea xeral do 6 de xuño de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Jesús Hermida Valiña, ao cal acordan practicarlle a liquidación.

Como consecuencia desta baixa o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Jesús Otero Moirón

2.689 títulos

26.890,00 euros de capital social

Manuel Legaspi Gesto

2.689 títulos

26.890,00 euros de capital social

Mª del Pilar Legaspi Gesto

2.689 títulos

26.890,00 euros de capital social

Yolanda Alba Gayo

2.689 títulos

26.890,00 euros de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 107.560,00 euros e estará representado por 10.756 xustificantes nominativos de 10,00 euros cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar modificación da Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Legaspi Gesto, presidente; Jesús Otero Moiron, secretario; Yolanda Alba Gayo e Mª Pilar Legaspi Gesto, como vogais.

C) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Kiwi Sur Galicia, SAT nº 825 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Juan Lorenzo Rodríguez Giráldez, María José Gregores Villaverde e Asunción Girández Gándara.

b) A sociedade agraria de transformación Traba-Lema, SAT nº 4360, na asemblea xeral do 24 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Mercedes Lema Pose, Dolores Lavandeira Pose, Manuel de la Fuente Lema, Antonio Lema Pose e Mercedes Moreira Baneira.

c) A sociedade agraria de transformación Ruso, SAT nº 1374 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2014 que eleva a pública mediante escritura do 14 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Santiago Blanco Monteserin, Mónica Blanco López e María Antonia López Edrosa.

D) Cancelacións:

a) A sociedade agraria de transformación Kiwisur, SAT nº 825 XUGA, na asemblea xeral do 20 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

b) A sociedade agraria de transformación Traba-Lema, SAT nº 4360, na asemblea xeral do 10 de xuño de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

c) A sociedade agraria de transformación Ruso, SAT nº 1374 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2014 que eleva a público mediante escritura do 14 de maio de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria