Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/117-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Docimicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CS avenida Florida, nº 108.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZA de 6 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS BAL707, entre a subestación Balaídos e o CT 36CDH2, unha vez que entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento 3L, con celas compactas en edificio prefabricado, situado na avenida Florida, nº 108, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra