Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32015

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos referentes ao terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesións que tiveron lugar os días 14 e 15 de xullo de 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido na base II.1.1.5 da orde da convocatoria os aspirantes que superaron o terceiro exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista do quinto exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal