Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (527/2013).

Carmen Rebolo González, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 527/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nerea Cabanas Gómez contra Marqués Ledo, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo a demanda presentada por Nerea Cabanas Gómez, defendida polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Marqués Ledo, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno a mencionada empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.300,70 euros, que devindicará os xuros especificados no fundamento de dereito quinto desta resolución.

A cantidade a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada será asumida polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que de ser o caso lle afecten.

Impoño á empresa demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que lle sirva de notificación en forma a Marqués Ledo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 26 de xuño de 2014

A secretaria xudicial