Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31635

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de xullo de 2014 polo que se declara municipio turístico galego o concello de Sober, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta na súa reunión do 3 de xullo de 2014 e que a seguir se transcribe:

Declarar municipio turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico:

• O concello de Sober, na provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia