Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31632

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 1 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 3 de abril).

Pola Orde do 1 de abril de 2014, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza estableceu as bases reguladoras e convocou subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia.

Esta convocatoria está cofinanciada nun 80 % con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e nun 20 % con cargo a fondos FCI. Estes fondos Feder están incluídos no programa operativo Feder 2007-2013, no seu eixe 5 de desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 58, actuación 5, que ten como fin, entre outros, as axudas ás entidades locais para infraestruturas de uso público.

Estas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.760.3 (código de proxecto: 2014 00193 Plans de desenvolvemento local), ata unha contía máxima dun millón oitocentos setenta e cinco mil euros (1.875.000,00 €), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos, o órgano concedente deberá publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Na mesma aplicación orzamentaria e no mesmo código de proxecto orzamentario, existe crédito dispoñible por importe de 138.657,34 € proveniente dunha incorporación de crédito de exercicios anteriores.

Considérase que este crédito é susceptible de aplicarse para o financiamento da convocatoria de subvencións que nos ocupa, polo que se pretende o incremento da dotación orzamentaria de referencia a través do suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, recollido expresamente no artigo 4.1 da Orde do 1 de abril de 2014.

De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

En consecuencia co exposto, de acordo co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no que se atribúe á Dirección Xeral de Administración Local o fomento das liñas de colaboración coas entidades locais galegas no referente á convocatoria e execución das subvencións a elas destinadas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 1 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público, destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013 (DOG núm. 65, do 3 de abril).

Estes fondos Feder están incluídos no programa operativo Feder 2007-2013, no seu eixe 5 de desenvolvemento sustentable local e urbano, tema prioritario 58, actuación 5, que ten como fin, entre outros, as axudas ás entidades locais para infraestruturas de uso público.

Segundo. O incremento da dotación para o exercicio 2014 será de 138.657,34 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.760.3 (CP 2014 00193) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, quedando establecida en 2.013.657,34 € a contía máxima das subvencións que se concedan.

Terceiro. Esta modificación non afecta o prazo establecido na Orde do 1 de abril de 2014 para a presentación de solicitudes nin implica o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file