Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de xullo de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU-S-18/2014 e OU-S-19/2014 por infraccións en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícanselle á persoa que a continuación se relaciona, as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU-S-18/2014 e OU-S-19/2014 xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron practicar.

O interesado poderá recoller as propostas de resolución, así como acceder aos correspondentes expedientes, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial; na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra esta proposta de resolución poderá, no prazo de quince (15) días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue convenientes, ante o/a instrutor/a do procedemento.

Expediente: OU-S-18/2014.

Titular sancionado: Juan José Pérez Rodríguez.

Establecemento: restaurante A Terraza.

Domicilio: Alongos, 9.

Localidade: Toen.

Proposta de resolución: 18 de xuño de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Expediente: OU-S-19/2014.

Titular sancionado: Juan José Pérez Rodríguez.

Establecemento: café bar A Terraza.

Domicilio: Alongos, 9

Localidade: Toen

Proposta de resolución: 18 de xuño de 2014.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 400 €.

Ourense, 4 de xullo de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense