Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2014/105-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.

Denominación: centro de manobra e punto fronteira de distribución Mourelle.

Situación: Mondariz.

Características técnicas: centro de manobra e punto fronteira de distribución equipado con: 2 celas de interruptor automático, 2 celas de entrada/saída de liña, 1 cela de medida, 1 armario de medida e LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 22 metros de lonxitude con orixe e final en dous pasos aéreo-subterráneos para realizar no apoio nº 19 da LMT subderivación a interconexión Sestelo, facendo entrada e saída no centro proxectado. A instalación está situada no lugar de Mourelle, Gargamala, Mondariz.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 17 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Mondariz; lugar: Mourelle; referencia catastral: 36030A067003340000MY; titular: herdeiros de José Lorenzo Alén; afección: 45 m2 de solo para o centro de manobra.