Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a subministración e instalacion dun sistema de almacenamento para a área TIC (expediente 14/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información. ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 14/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación dun sistema de almacenamento para a área TIC da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Campus Universitarios da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 32000000-3 e CPA: 26.1.

3. Tramitación e procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Calidade técnica e planificación do proxecto presentado: 50 puntos.

2) Prezo: 30 puntos.

3) Mantemento e garantía: 15 puntos.

4) Conectividade Fiber-Channel: 5 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 169.400 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto 140.000 € + 29.400 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B e C .

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia. Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310 .

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

Vigo, 10 de xullo de 2014

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo