Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes en parcelas no parque empresarial.

A Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión do 27 de xuño do ano en curso, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nas parcelas industriais números 25, 26 e 27 do parque empresarial da Pastoriza, redactado polo enxeñeiro técnico industrial José Manuel Engroba Cabo.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o dito prazo, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar a documentación do expediente nestas oficinas municipais e presentar as alegacións que xulguen pertinentes.

A Pastoriza, 7 de xullo de 2014

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde