Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 29 de Madrid

EDICTO (430/2013).

Procedemento ordinario: 430/2013.

Materia: reclamación de cantidade.

Demandante: Edgar Agustín Jiménez Quezada.

Demandadas: Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A. e Sucomaga, S.L.

Elena Mónica de Celada Pérez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 29 de Madrid, fago saber que no procedemento 430/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edgar Agustín Jiménez Quezada fronte a Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A. e Sucomaga, S.L., sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución (sentenza nº 242/2014):

Decido que, estimando a demanda promovida por Edgar Agustín Jiménez Quezada fronte a Sucomaga, S.L., condeno esta empresa a aboarlle a débeda por importe bruto de 1.429,59 euros máis o 10 % de xuro anual de demora desde a data de interposición da papeleta de conciliación.

E condeno como responsable solidaria a empresa Ortiz Construcciones y Proyectos, S.A., ben que a súa responsabilidade queda limitada á suma de 669,87 euros por salarios máis outros 73 euros de liquidación.

Advírtese ás partes que esta sentenza é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sucomaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que revistan a forma de auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente, ou se trate de emprazamento.

Madrid, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial