Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 30 de xuño de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores iniciados en materia de transportes (expediente LU-01601-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Novagalicia Banco ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-01601-O-2012

7684-BZV

Garda Civil 2701 R10457X

Transportes C. Nóvoa e Hijos, S.L.

B49125735

Avenida Federico Silva, 34,

1º tercera

49600 Benavente, Zamora

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

11.9.2012; 19.15; AG-64; 55,900

Artigo 141.17 LOTT

Artigo 143.1.d) LOTT

401

Estimado parcial

OU-00119-O-2013

3124-DGL

Garda Civil 3201 A47914C

Logística de Villabrazaro, S.L.

B49254386

Monte (Sanguiñeda), s/n

36415 Mos, Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

28.12.2012; 17.10; A-52; 202

Artigo 142.17 LOTT

Artigo 143.1.a) LOTT

100

Estimado parcial

PO-01693-O-2013

4627-FXF

Garda Civil 3600 T84392J

Recigranit, S.L.

B36855443

A Casilla, Atios, 49

36475 O Porriño, Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 5 %.

8.3.2013; 9.54; PO-510; 4

Artigo 142.2 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

333

Desestimado