Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31257

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (140/2013).

Raquel Fernández Arbesú, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, mediante este edicto, anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo verbal seguido por instancia de Servimat Servicios Martínez 1997, S.L. fronte a Obras Frío Maquinaria, S.L., se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Caldas de Reis, 30 de xaneiro de 2014.

Demandante: Servimat Servicios Martínez 1997, S.L.

Letrado: Javier Campos Couselo.

Procurador: Pedro Andrés Barral Vila.

Demandada: Obras Frío Maquinaria, S.L. (en rebeldía).

Obxecto: reclamación de cantidade derivada de contrato de prestación de servizos.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que se acepta na súa integridade a demanda interposta por Servimat Servicios Martínez 1997, S.L. contra Obras Frío Maquinaria, S.L. e, en consecuencia, condénase a entidade demandada a aboarlle á demandante a cantidade de tres mil setecentos dezasete euros (3.717 €) máis o xuro legal desde a data da reclamación extraxudicial (3 de setembro de 2009).

Impónselle á demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se poderá interpor ante este xulgado no termo de vinte días desde a notificación, logo de constitución do depósito de 50 euros na conta deste xulgado.

Así o acorda Cristina Sánchez Neira, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis.».

E estando a dita demandada Obras Frío Maquinaria, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Caldas de Reis, 31 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial