Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (4/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 4/2014, por instancia de María Pilar Míguez Camino contra a executada Asociación Profesional Xóvenes Agricultores, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 20 de xuño de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 38.000 euros de principal, máis 3.800 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

A secretaria xudicial