Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (147/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 147/2014 deste xulgado do Social, seguidos por instancia de María Concepción Cancio Viña contra a empresa Cosar XXI, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto en que se despacha execución con data do 20 de xuño de 2014, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Concepción Cancio Viña, fronte a Cosar XXI, S.L., parte executada, por importe de 2.261,71 euros de principal, máis 174,46 euros en concepto de xuros de demora de 2.158,58 euros, máis 243,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0147 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo “concepto”, deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0147 14”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás mediadas concretas solicitadas, acordo:

Dar traslado a Cosar XXI, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, en caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Notifíquese ás partes e a Cosar XXI, S.L. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0147 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo “concepto”, deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0147 14. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Cosar XXI, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

A secretaria xudicial