Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a Resolución do 13 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se declara a condición de minero-medicinal das augas procedentes do manancial Colegio San José número 95, sito no concello de Ourense.

Por petición da Congregación de Siervas de San José, a Consellería de Economía e Industria, unha vez cumpridos todos os preceptos legais e regulamentarios, resolveu o seguinte:

Declarar a condición de minero-medicinal das augas do manancial denominado Colegio San José nº 95, situado no concello de Ourense, declaración que queda suxeita aos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense