Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2014/107-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT e CT Mimosas.

Situación: Ribadumia.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 34 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 2A/14 da LMT CBD808 G.E. Barrantes e final no apoio proxectado HVH-1600-15, do cal continúa subterránea con condutor RHZ 212 metros, finalizando no CT existente Barrantes aldea, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no lugar de Mimosas, Ribadumia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra