Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Casares, nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil (expediente 001/2013 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Casares.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle (Ourense).

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, de 644 m de lonxitude, en condutor LA-56, con orixe no apoio metálico existente da LMT MFT801, nº 0 no proxecto, e final no Centro de transformación intemperie dos Casares, proxectado, sobre apoio de formigón nº 5, sobre apoios metálicos (6) e de formigón (1).

2. Centro de transformación intemperie de 50 kVA 20/0,4 kV, sobre apoio de formigón.

3. Rede de baixa tensión do centro de transformación dos Casares, de 10 m de lonxitude, en condutor RZ 0,6/1kV-3×95/54,6 Al, de conexión á RBT existente dos Casares.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as 9.00 e ás 14.00 horas.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Quiroga. Provincia: Lugo.

LMT derivada dos Casares.

Ref. catastral

Apoio

Afeccións

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

m2

ml aér.

m2 aér.

4

31

949

A Portela

Monte baixo

- Sergio González Díaz

R/ Chantada, nº 57, 27004 Lugo

28.0

278.0

6

31

953

A Portela

Monte baixo

- Hrdos. de Emilio González

R/ Nicaragua, nº 5, 3º D, 36203 Vigo (Pontevedra)

27.0

262.0

Concello: Ribas de Sil. Provincia: Lugo.

LMT derivada dos Casares.

Ref. catastral

Apoio

Afeccións

Nº predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

m2

ml aér.

m2 aér.

10

15

925

Os Brazos

Monte baixo

- Hrdos. de Diotino González Cao

Repr.: Odilo González Pérez

Avda. Virgen Montserrat, nº 228, 2º, 08041 Barcelona

0.0

27.0

11

15

927

Os Brazos

Monte baixo

- Hrdos. de María Díaz Rodríguez

Repr.: Joaquín Vidal Díaz

Os Casares, s/n, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

21.0

181.0

12

15

928

Os Brazos

Monte baixo

- Hrdos. de María Díaz Rodríguez

Repr.: Joaquín Vidal Díaz

Os Casares, s/n, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

17.0

168.0

13

15

929

Os Brazos

Monte alto

- Hrdos.. de Rosendo González Cao

Repr.: José González Morán

Os Covallos, s/n, Montefurado, 27390 Quiroga, Lugo

15.0

153.0

18

15

954

As Sobreiras

Oliveiral

- Enrique Díaz Rodríguez

R/ Trabau, nº 65, 08031 Barcelona

10.0

109.0

19

15

1028

As Sobreiras

Oliveiral

- Comunal de veciños dos Casares

Ignorado.

Repr.: Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

11.0

80.0

20

15

953

As Sobreiras

Monte baixo

- Hrdos. de Miguel Abelaira Mondelo

Repr.: Camilo Abelaira Álvarez

Praza Salvador Riera, nº 5 bis, 08041 Barcelona

0.0

3.0

21

15

955

As Sobreiras

Monte baixo

- Hrdos. de Manuela Díaz Rodríguez

Repr.: Enrique Díaz Rodríguez

Os Casares, s/n, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

7.0

54.0

22

15

1029

As Sobreiras

Oliveiral

- Hrdos. de Rosendo González Cao

Repr.: José González Morán

Os Covallos, s/n, Montefurado, 27390 Quiroga, Lugo

0.0

32.0

23

15

1032

O Olivar

Oliveiral

- Hrdos. de Manuela Díaz Rodríguez

Repr.: Enrique Díaz Rodríguez

Os Casares, s/n, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

0.0

54.0

24

15

1026

As Corveiriñas

Oliveiral

- Comunal de veciños dos Casares

Ignorado.

Repr.: Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

11.0

87.0

25

15

1025

As Corveiriñas

Oliveiral

- Comunal de veciños dos Casares

Ignorado.

Repr.: Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

4

2.0

10.0

98.0

26

15

1023

Horto Novo

Oliveiral

- Hrdos. de Vicente Vidal Meléndez

Repr.: Joaquín Vidal Díaz

Os Casares, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

0.0

1.0

27

15

1033

O Olivar

Oliveiral

- Amparo Pérez Cao

Os Casares, Peites, nº 31, 27318 Ribas de Sil, Lugo

14.0

134.0

28

15

1022

As Corveiriñas

Oliveiral

- Comunal de veciños de Casares

Ignorado.

Repr.: Fiscal Audiencia Provincial de Lugo

10.0

73.0

29

15

1021

O Olivar

Oliveiral

- Hrdos. de Miguel Abelaira Mondelo

Repr.: Camilo Abelaira Álvarez

Plaza San Salvador Riera, 5 bis, 08041 Barcelona

11.0

91.0

30

15

1038

O Olivar

Oliveiral

- Hrdos. de Diotino González Cao

Repr.: Odilo González Pérez

Avda. Virgen Montserrat, nº 228, 2º, 08041 Barcelona

0.0

3.0

31

15

1017

Tras do Santo

Oliveiral

- Hrdos. de Vicente Vidal Meléndez

Repr.: Joaquín Vidal Díaz

Os Casares, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

9.0

61.0

33

15

1015

Tras do Santo

Oliveiral

- Hrdos. de Eliseo Pérez González

Os Casares, Peites, 27318 Ribas de Sil, Lugo

12.0

117.0

35

15

1041

O Olivar

Oliveiral

- Hrdos. de Tirso Rodíguez Fernández

Ribas de Sil, 27310 Ribas de Sil, Lugo

0.0

11.0

36

15

1013

Tras do Santo

Oliveiral

- Hrdos. de Benigno Pérez Álvarez

Ribas de Sil, 27310 Ribas de Sil, Lugo

5 e CT (1/2)

4.5

7.0

61.0