Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2014/075-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número expediente: IN407A 2014/075-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: ampliación punto fronteira Visantoña.

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

1. Instalación e montaxe dun autotransformador 15/20 kV de 7.000 kVA en edificio prefabricado de formigón de tipo monobloque, incluíndo protección con sobretensións en bornes.

2. Instalación de 5 celas de media tensión no actual edificio punto frontera Visantoña: tres celas de entrada/saída de liñas, unha cela de medida e outra de medida, todas elas con illamento e corte en SF6.

3. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 20 do autotransformador 20 kV, e final nas bornas de 20 kV do autotransformador, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 32 metros.

4. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio nas bornas de 15 kV do autotransformador, e final na cela nº 22 do autotransformador 20 kV, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 32 metros.

5. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 14 de protección de autotransformador e final na cela nº 24 de remonte, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 11 metros.

6. Tramo de liña de media tensión soterrada en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al), que terá o seu inicio na cela nº 14 de protección de autotransformador e final na cela nº 21 de bypass de 15 kV, sendo a lonxitude total da liña proxectada de 11 metros.

7. Proxéctase conectar a actual LMAT UDESA 15 kV Frades que sae da cela nº 14 na cela nº 19.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 2 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña