A Orde do 8 de agosto de 2013 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estableceu as bases reguladoras e convocou para os anos 2013 e 2014 as axudas a titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor.
Segundo o establecido no artigo 11 das citadas bases e de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Estas axudas fináncianse con cargo ao Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %, dentro do Convenio entre o Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
Facer pública a aprobación das axudas que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as que o secretario xeral técnico de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no desenvolvemento das súas funcións delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión o 21 de maio de 2014:
a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 8 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para os anos 2013 e 2014.
b) Aplicación orzamentaria: 07.05.541B.781.0.
c) Finalidade da axuda: conservación das poboacións de caza menor.
d) Destinatarios: corporacións locais titulares de tecores e institucións sen ánimo de lucro ou agrupacións destas, igualmente titulares de tecores.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014
Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Beneficiario |
Importe (€) |
Asoc. deportiva de cazadores San Xoán de Serres |
1.470.00 |
Sociedad de caza Tordoia |
600.00 |
Sociedad de caza y pesca El Halcón |
3.000.00 |
Asoc. de cazadores San Cristovo de Cea |
495.00 |
Sociedad deportiva de cazadores O Irixo |
5.164.80 |
Asoc. de cazadores de Rairiz de Veiga |
990.00 |
Coto de caza de Sandiás |
2.970.00 |
Sociedade de cazadores de Arnoia |
1.452.00 |
Asoc. de cazadores Pena Trevinca |
145.00 |
Sociedade de cazadores de Bande |
435.00 |
Asoc. de cazadores San Xoán de Randín |
960.00 |
Sociedade de cazadores de Riós |
1.881.36 |
Sociedad de caza Valdín |
3.146.40 |
Nueva asoc. de cazadores A Veiga |
2.640.00 |
Asoc. cazadores Coto Suido, Sociedad de caza e pesca A Laxe, Sociedad de caza La Covelense de Covelo, Sociedad de caza la Mondarizana e Sociedade de caza A Cañiza, representadas pola asoc. cazadores Coto Suido. |
15.000.00 |
Sociedad de cazadores Larazo, Sociedad de cazadores Vila de Cruces, Sociedad de caza y pesca de Silleda e Sociedad de caza Pena Cuntín, representadas pola Sociedad de cazadores Vila de Cruces. |
15.000.00 |
Sociedad de caza y pesca de Forcarei |
2.649.90 |
Sociedade cazadores Monte Xiabre |
3.000.00 |
Sociedad de caza San Huberto Pontecesures |
3.000.00 |
Sociedad de caza couto Mougás-Oia |
3.000.00 |
Sociedad de caza y pesca de Lalín |
7.950.00 |
Sdad de cazadores de Negueira de Muñiz |
5.148.04 |
Asoc. de cazadores de Castro-Carballedo |
3.361.20 |
Asoc. deportiva cultural coto A Cabana |
660.00 |
Club de caza San Verísimo |
2.977.00 |
Sociedad Val de Lemos de Caza, Pesca y Tiro |
99.00 |
Club de Cazadores Santa María de Xián |
990.00 |
Asoc. de cazadores Caxigueiras de Taboada |
5.140.00 |
Asoc. de cazadores de Sober |
3.570.34 |
Sociedad deportiva de caza y pesca de Baleira |
2.310.00 |
Asoc. coto de Quiroga Eiras |
2.313.00 |
Asoc. de cazadoes Los Castros de Frontón |
4.748.63 |