Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31226

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de xullo de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos/as.

A Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos/as, dispón na base II.1.1.4 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o terceiro exercicio o día 1 de xullo de 2014, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos/as, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda