Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (946/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento 946/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Mercedes Boquete Codesido contra Tórculo Artes Gráficas, S.A., Fotocopias Maxim, S.L.U., Copy Belén, S.L., J.B. Castro Ambroa, Copy Belén y J. B. Castro Ambroa UTE, Randstad Empleo ETT, S.A., Campus na Nube, S.L., Unidixital, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por María Mercedes Boquete Codesido contra Fotocopias Maxim, S.L.U., a administradora concursal de Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra Rodríguez, Tórculo Artes Gráficas, S.A., Unidixital, S.L., Campus na Nube, S.L., Randstad Empleo ETT, S.A., Copy Belén, S.L., José Benigno Castro Ambroa e Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa UTE e Fogasa, efectúo os seguintes pronunciamentos:

1º. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado por Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. (anteriormente Unidixital, S.L.) con data do 21 de agosto de 2013.

2º. En consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. (anteriormente Unidixital, S.L.) a se ater a esta declaración e que a nova adxudicataria do servizo opte entre readmitir inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 41,08 euros diarios, ou ben, á súa elección, a extinguir a relación laboral da demandante, con aboamento dunha indemnización de 37.126,05 euros por despedimento improcedente. A responsabilidade solidaria de Fotocopias Maxim, S.L.U. alcanza unicamente o aboamento da indemnización ou, de ser o caso, diferenzas da indemnización con respecto á fixada no procedemento concursal, por non resultar realizable a readmisión respecto da dita mercantil, por estar extinguido o contrato de traballo que a vinculaba co demandante no procedemento concursal; e todo isto sen prexuízo, de a nova empresa adxudicataria optar pola readmisión, do reintegro da indemnización polo traballador, en caso de que xa a percibise no procedemento concursal; ou ben do aboamento por parte das empresas Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. unicamente das diferenzas que procedan na indemnización, en caso de se optar pola indemnización e que o traballador percibise xa a cantidade fixada polo xulgado do mercantil.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

3º. Debo absolver e absolvo as demandadas Copy Belén, S.L., José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén, S.L. e José Benigno Castro Ambroa UTE, Randstad Empleo ETT, S.A. e María Sierra Rodríguez (administradora concursal de Fotocopias Maxim, S.L.U.) das peticións formuladas na súa contra.

4º. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Fotocopias Maxim, S.L.U., actualmente en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

A secretaria xudicial