Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30921

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2014 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013. Convocatoria 2014.

Por Resolución do 27 de febreiro de 2014 (DOG nº 53, do 18 de marzo) fíxose pública a convocatoria para o ano 2014 das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, permanecendo invariables as bases de convocatoria (DOG nº 87, do 7 de maio).

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no diario oficial correspondente as subvencións concedidas.

Pola súa banda, o artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas, exixe publicar na páxina web a concesión das subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

1. Facer público no Diario Oficial de Galicia o resultado do proceso de concesión das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, convocatoria 2014, convocadas por Resolución do 27 de febreiro de 2014.

2. Facer público na páxina web de Agader http://agader.xunta.es e no taboleiro de anuncios de Agader (A Barcia, 56, Laraño, Santiago de Compostela) a relación de solicitudes aprobadas, así como as excluídas por incumprir algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, por non presentar a documentación requirida, presentala deficientemente ou fóra de prazo.

Disposición adicional

Esta resolución pon fin á vía administrativa. Contra ela cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección de Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición derradeira

Esta resolución será aplicable desde o día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO
Proxectos subvencionados

Cód expte.

Denominación

Solicitante

Orzamento aceptado (€)

Puntuación

% axuda

Importe axuda

D14-31210-M013

Programa de xestión comercial

Simer Grumerosa, S.L.U.

5.575

64,4

49,78

2.775,24

D14-31210-M017

El Muelle Servizos Hosting, S.L.

El Muelle Servicios Hosting, S.L.

7.620

59,8

48,07

3.662,93

D14-31210-M015

Implantación novo software de xestión

Ferretería El Piñeiral

4.622

57,75

47,31

2.186,67

D14-31210-M014

Desenvolvemento a medida de xestión integrada para Horno Integral Pandarán

Horno Integral Pandarán, S.L.

6.440

55,2

46,37

2.986,23

D14-31210-M016

Implantación das TIC na xestión da estación de servizo Cambeo

Estación de Servicio Cambeo, S.L.

16.204,56

53,45

45,72

7.408,72

D14-31210-M003

Instalación de servidor e rede

Talleres Silvoso, S.L.

4.016

52,9

45,52

1.828,08

D14-31210-M020

Mellora de xestión da empresa con uso de TIC

Lar Todo Hogar, S.L.

12.884,10

52,9

45,52

5.864,84

D14-31210-M008

Equipo servidor HP

Asesoría Estudio 20 de Cee, S.L.

4.195

50,6

44,67

1.873,91

D14-31210-M022

Equipamento electrónico servidor de comunicación en rede

Cabo Naya Asesores, S.L.

4.500

49,1

44,11

1.984,95

D14-31210-M009

Suministros Saa Dozón

Suministros Saa Dozón

7.874

38,1

40,04

3.152,75

missing image file