Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30924

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 7 de xullo de 2014 pola que se valida a Resolución do 11 de xuño de 2014 pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, tres postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación (Diario Oficial de Galicia número 119, do 25 de xuño de 2014).

No Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño de 2014 publícase a Resolución do director da Axencia Galega de Innovación pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, tres postos de traballo vacantes na dita axencia.

Tendo en conta que as prazas convocadas corresponden a persoal funcionario da Axencia Galega de Innovación, de acordo coa estrutura desta aprobada pola Resolución do director xeral da Función Pública do 6 de xuño de 2014, cómpre modificar a dita convocatoria.

Polo que antecede,

DISPOÑO:

Primeiro. Validar a Resolución do 11 de xuño de 2014 pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de libre designación, tres postos de traballo vacantes na Axencia Galega de Innovación.

Segundo. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Admitir as solicitudes presentadas á convocatoria ata a data de publicación desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria