Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de notificación de sentenza (PO 1016/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1016/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Pavimentos Compostela, S.L. sobre ordinario, foi ditada sentenza 239 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia da Fundación Laboral de la Construcción (FLC), representado pola procuradora Sra. Fernández Durán, contra a mercantil Pavimentos Compostela, S.L., que non compareceu a pesar de constar debidamente citada, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a mercantil Pavimentos Compostela, S.L. e, en consecuencia, condeno a mercantil Pavimentos Compostela, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 479,89 euros en concepto de achega á FLC correspondente ao ano 2010, importe que deberá ser incrementado co 20 % de recarga de demora co que o total ascende á cantidade de 575,87 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

A secretaria xudicial