Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30826

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de exposición pública do procedemento aberto para a contratación da subministración e instalación de luminarias en edificios da Deputación Provincial de Ourense.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración e instalación de luminarias en edificios da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 30.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa do Progreso, nº 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 1 de xullo de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense