Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento de licenzas DRGFINDER (sistema de codificación) e agrupador CGS-GRD-AP (AB-SER1-14-033).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5 de agosto de 2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-033.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento de licenzas DRGFINDER (sistema de codificación) e agrupador CGS-GRD-AP.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

0-100

Oferta económica

0-70

Licenzas a maiores DRGFINDER

0-30

4. Valor estimado do contrato: 261.600 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 130.800 euros. Importe total: 158.268 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5 de agosto de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de xuño de 2014.

12. Outras informacións: ver o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos