Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2010/011-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo 1 e anexo 2 ao recuamento das liñas de media tensión afectadas pola construción do acceso do AVE a Santiago de Compostela.

Situación: Concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: cambios nas características das instalacións respecto ao proxecto orixinal.

Na variante da liña de media tensión aérea DC Santiago II-A Pontepedriña-San Caetano (expediente 10513), proxéctase o cambio das características do apoio final do tramo I que se vai intercalar entre os apoios números 7 e 8 existentes, pasando de tipo C-1000/26 a C-3000/26.

Na variante da liña de media tensión aérea San Caetano-Susana-Ponte Ulla (expediente 16670), a 20 kV, instalaranse os apoios en orde invertida a como inicialmente se proxectou, sendo o primeiro de tipo CH-1000/13 e o segundo tipo CH-1000/11.

Na variante da liña de media tensión soterrada a CTC Lamas de Abade (expediente 16314), a 20 kV, proxéctase o cambio da orientación do CT e desprazamento da arqueta número 5 proxectada, pasando a ter o tramo 5-6 unha lonxitude de 40 metros.

Na variante da liña de media tensión subterránea TC Santiago II-C Cultura, A Pontepedriña II, realízase unha canalización na rúa Castiñeiriño paralela á proxectada inicialmente na ponte do AVE, coa mesma orixe e fin que a proxectada inicialmente, e prevese manter as dúas; e a nova canalización terá unha lonxitude de 103 metros, con condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm² Al; así mesmo, non se realizará a variante da LMTS nova alimentación a Boqueixón no proxecto LMTS e CT en Pumares (expediente IN407A 2006/211).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 16 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña