Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Ansecar Construcciones, C.B. a resolución do expediente IN608B 2012/3-2, de autorización de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas de procedemento administrativo común, despois de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase a Ansecar Construcciones, C.B., a resolución do expediente IN608B 2012/3-2, polo que esta xefatura territorial ordena o seu arquivamento por desistencia do interesado, segundo se establece no artigo 90.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Contra esta resolución, que non remata a vía administrativa, poderá incoarse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 30 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo