Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014190AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 4 de xuño de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014190AL-CO incoado a Pollos Albariza, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Pollos Albariza, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 13 de xuño de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014190AL-CO.

Interesada: Pollos Albariza, S.L

DNI/NIF/CIF: B15142789.

Último enderezo coñecido: Albariza, 3,15210 Noia.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 1069/2009, do 21 de outubro. Artigo 3.1), artigo 7.1º, artigo 10.a) e b): i), ii), iii), iv) e v). Artigo 14.a), b), c) e d): i), ii), iii) e iv); e), f), g), h), i), j), k) e l).

– Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG nº 143, do 24 de xullo). Artigo 41.a), g) e h) e artigo 44.2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 3.000 €.