Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto modificado de finalización das obras do centro de coñecemento La Molinera.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2259.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto modificado de finalización das obras do centro de coñecemento La Molinera.

c) CPV: 45214000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11 de febreiro de 2013, 13 de febreiro de 2013 e 17 de febreiro de 2013.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 264.462,80 euros. IVE: 55.537,19 euros. Importe total: 319.999,99 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de maio de 2014.

b) Data de formalización: 29 de maio de 2014.

c) Contratista: Obras y Servicios Gómez Crespo, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 258.934,20 euros. IVE: 54.376,18 euros. Importe total: 313.310,38 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa xa que é a que obtivo maior puntuación na memoria construtiva e nas melloras gratuítas, o que, unido á súa oferta económica, fai que obtivese a maior puntuación de todos os ofertantes. Todo iso con base nas propostas da mesa de contratación e con base nos informes técnicos existente no expediente que serviron de motivación ao acto administrativo.

Ourense, 29 de maio de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde