Por medio deste anuncio, e en virtude do que dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que no prazo de nove días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, comparezan en autos, se iso for do seu interese, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, no procedemento ordinario 4225/2014, que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Procousa, S.A., contra o Acordo plenario do 8.11.2013, no seu punto 2, polo que se suspende o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no termo municipal de Ourense.
Ourense, 12 de xuño de 2014
Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente