Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo de mediación e asesoramento en materia de seguros privados.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil, Patrimonio e Recursos Humanos. Nº de expediente: 4812-241.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación ao Concello de Vigo e aos seus organismos autónomos dos servizos de mediación, corredoría e asesoramento profesional para a xestión dos riscos en que poida incorrer esta administración.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 141.371,09 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 30 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Contratación