Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, do alugamento de maquinaria de obra pública.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 70983-250.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: alugamento da maquinaria de obra pública, con ou sen maquinista, para reparación das infraestruturas e outros equipamentos conexos de titularidade municipal que ten encomendadas o taller de Vías e Obras. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: dous (2) anos. f) Prórroga: si, dúas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento: a)Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total 871.200 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo G (vías e pistas), subgrupo 6 (outras vías sen clasificación específica), categoría d. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará ós vixésimo sexto día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: si. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 2.000 euros.

Vigo, 27 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Contratación