Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (404/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 404/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio Ramos Lesta contra Víctor García Castiñeira (Mármoles Betanzos), e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«1. Que estimando a demanda formulada por Emilio Ramos Lesta contra a empresa Víctor García Castiñeira, condeno a esta a lle aboar a cantidade de 5.378,77 euros que lle debe e, así mesmo, 1.075,74 euros como xuros moratorios.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra esta resolución cabe recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Víctor García Castiñeira (Mármoles Betanzos), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2014

A secretaria xudicial