Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1328/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1328/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Rodríguez Fernández contra Promociones Riocesures, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a sentenza, con data do 12 de xuño de 2014, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Raquel Rodríguez Fernández contra a empresa Promociones Riocesures, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 95,87 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 11,62 euros/día.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2098, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo».

Publicada no día da súa data.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a empresa demandada Promociones Riocesures, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2014

A secretaria xudicial