Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30476

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 4 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Resolución do 11 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 112, do 13 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Resolución do 11 de xuño de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida resolución e tras o informe favorable emitido polo Consello Reitor,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Resolución do 11 de xuño de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo de referencia, ao funcionario que se indica no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o adxudicatario do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte (20) días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión. De seguido, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández Rodríguez, Benito Roberto.

NRP: 3492990868 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: director da Área de Xestión.

Código: IN.A11.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.