1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.
c) Número de expediente: ED-03/14 SE.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de seguridade e vixilancia para o centro de educación especial O Pedroso de Santiago de Compostela (A Coruña).
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: centro de educación especial O Pedroso, Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Plazo de execución: dous anos.
e) Admisión de prórroga: si, 1 ano.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 123.966,94 euros (IVE excluído). IVE: 26.033,06 euros. Importe total: 150.000,00 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación da empresa: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfono: 981 54 44 60.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20723
8. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
2ª) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata primeiro día hábil seguinte.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria