Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de desestimación da solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación Campo 1ª fracción número PO/C/02959.1 sita nos termos municipais de Covelo e Fornelos de Montes na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Mármoles y Granitos del Este, S.L., con CIF B-83207605, con último enderezo coñecido na Baixada a Hermida, nº 17, Coruxo, 36390 Vigo, Pontevedra, a resolución de desestimación da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Campo 1ª fracción nº PO/C/02959.1, como o seu titular, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren procedente.

Pontevedra, 20 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra