Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30225

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de xuño de 2014 pola que se exclúe un aspirante admitido ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 24 de xullo).

En virtude da Resolución do 19 de novembro de 2013 (DOG núm. 225, do 25 de novembro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala de delineantes.

Unha vez advertido que un dos aspirantes incluído como admitido con carácter definitivo na dita resolución non cumpría o requisito de titulación exixido na Orde do 16 de xullo de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala de delineantes, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír o aspirante Germán Gómez Espejo, con DNI 32832995N, do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (subgrupo C1), escala de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleira competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda