Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30226

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da oposición e outros acordos.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola do 19 de marzo (DOG núm. 61, do 28 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, logo de desestimar, na sesión do 23 de xuño de 2014, todas as reclamacións formuladas fronte á puntuación do primeiro exercicio, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, en sesión do 27 de xuño de 2014,

acordou:

Que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día dez (10) de xullo de 2014, nas aulas 3 e 4 da Escola Galega de Administración Pública, na rúa de Madrid, núm. 2-4, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

Isidoro García López
Presidente do tribunal