Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30009

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2014 polo que se dá publicidade á Resolución do 18 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, que modifica a Resolución do 2 de xuño de 2014 pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

Por Resolución do 2 de xuño de 2014 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos faise pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 17 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

Por Resolución do 18 de xuño de 2014 esta dirección xeral estima o recurso de reposición presentado por Mónica Fondevila Sanmartín. Como consecuencia desa resolución modifícase a Resolución do 2 de xuño de 2014 no sentido de que Mónica Fondevila Sanmartín (DNI 76819375-L) participa na quenda de reserva de discapacitados no procedemento selectivo para a especialidade de inglés do corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014.

Para xeral coñecemento dáse publicidade da Resolución do 18 de xuño de 2014 a través da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Resolución do 18 de xuño de 2014, que pon fin á vía administrativa, pode ser impugnada mediante a interposición do recurso contencioso-administrativo na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, prazo que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O anterior, de conformidade cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 27 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos