En virtude da Orde do 17 de xuño de 2014 (DOG núm. 125, do 3 de xullo) modificouse a Orde do 16 de marzo de 2011 (DOG núm. 59, do 24 de marzo) pola que se elevou a definitiva a proposta de aspirantes que superaron na fase de resultas o proceso selectivo para o acceso á categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da sentenza do 7 de xuño de 2013 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no procedemento abreviado número 256/2011.
Unha vez determinada a relación de aspirantes que superan en execución da sentenza a fase de resultas do proceso selectivo, de conformidade co previsto na base décimo primeira, esta consellería
DISPÓN:
Convocar os aspirantes que superaron na fase de resultas o proceso selectivo para o acceso á categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (salón pequeno) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 8 de xullo de 2014 ás 11.00 horas.
Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde.
A orde de elección de destino virá dada pola orde de prelación resultante do proceso selectivo que figura no mesmo anexo.
No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite.
Os aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.
Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedaran sen adxudicar.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Anexo
Ámbito de Lugo
Aspirantes convocados
Nº |
NIF |
APELIDOS E NOME |
1 |
33844622F |
ARIAS PUMAR, PEDRO |
2 |
76620866T |
SALGADO FERNÁNDEZ, JOSÉ ANTONIO |
3 |
76548887B |
GARCÍA CELA, JOSÉ MANUEL |
4 |
34264269L |
FERNÁNDEZ DÍAZ, JOSÉ ANTONIO |