Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29799

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 78/2014, do 26 de xuño, polo que se nomea a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega.

De conformidade co disposto nos artigos 3.1º a) da Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega, e 13 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 162/2008, do 10 de xullo, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tras a elección efectuada polo Consello da Cultura Galega no pleno extraordinario do día 22 de maio de 2014, despois da súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia, e logo da reunión do Consello da Xunta de Galicia do vinte e seis de xuño de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Nomear a Ramón Villares Paz presidente do Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, vinte e seis de xuño de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria