Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1071/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1071/2013 por instancia de Belén Mantiñán Boedo contra La Grela Mensajeros, S.L., LGM sin Banderas, S.L. e Exincar Trade, S.L., sobre despedimento, en que no día data se ditou auto de aclaración, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Dispoño que non procede emendar a sentenza ditada nas presentes actuacións o pasado día 25 de febreiro de 2014, que se mantén integramente en todos os seus pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes. Advírtese que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo comezará a computar desde a notificación desta resolución.

Así, por este auto, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, dou fe».

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación ás empresas codemandadas LGM sin Banderas, S.L. e Exincar Trade, S.L., con apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan emprazamentos, autos ou sentenzas, e expido e asino esa cédula.

A Coruña, 29 de maio de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial