Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación 4/2013 e 5/2013.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de xuño de 2014 na sala de xuntas da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, José Antonio Rojo Fernández, Isabel Jamardo Carballo e da secretaria, Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número: 4/2013.

Denominación: de Rendar (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Rendar.

Parroquia: Rendar.

Concello: O Incio.

Superficie: 29 hectáreas.

Estremas:

Norte: MVMC dos veciños de Rendar (exp. 24/77), herdeiros de Florentina López Pontón (parcela 19), Pastora Macía Fernández (parcelas 20 e 1042), herdeiros de José Vizcaíno Casas (parcela 1046), familia López Pontón (parcelas 1118, 1045 e 1048), herdeiros de Remedios Fernández Gómez (parcela 122), Hilario Gallego Maceda (parcela 124), Mª Isabel Mera de la Vega (parcela 129), Luis Castro Rodríguez (parcela 128), todas elas no polígono 62.

Sur: predios particulares de herdeiros de Antonio Campo Pérez (parcelas 366 e 365 do polígono 25), MVMC dos veciños de Rendar (exp. 24/77), todas elas no polígono 25.

Leste: MVMC dos veciños de Rendar (exp. 24/77), todas elas no polígono 62.

Oeste: predios particulares de Teresa Mao López (parcela 439), Antonio Blanco López (parcela 446), herdeiros de Antonio Rodríguez Mourelo (parcela 371), Manuel Castro Martínez e Manuel Castro Rodríguez (parcela 362), Manuel Vázquez Rodríguez (parcela 369), herdeiros de Antonio Campo Pérez (parcela 363), herdeiros de Antonio Rodríguez Mourelo (parcela 370) e comunidade de montes veciñais de Rendar (parcela 476), todas no polígono 25.

Encravados: corresponden ás parcelas 429 de Mª Mercedes López González e 428 de José Fernández Mourelo, todas elas no polígono 25.

– Expediente número: 5/2013.

Denominación: de Vilar.

Comunidade propietaria: veciños de Vilar.

Parroquia: Vilavella.

Concello: Triacastela.

Superficie: 59 hectáreas, 81 áreas e 92 centiáreas.

Estremas:

Parcela nº 1 (que corresponde á parcela 716 do polígono 36):

Norte: MVMC de Vilasteva (exp. 72/79) (parcela 734), Evaristo Rivera Tallón (parcela 50), Constantino Corral Rodríguez (parcela 81), todas elas no polígono 36.

Sur: predios particulares de Jesús Celeiro Río (parcela 242), Jesús Celeiro Páez e Aurelia Carballo Rodríguez (parcela 131), Evaristo Rivera Tallón (parcelas 235 e 126), Josefa e Fe Regueiro Pérez (parcelas 236 e 234), herdeiros de Manuel Gayo González (parcela 125), todas elas no polígono 36.

Leste: predios particulares de José Río Lago (parcela 66), Manuel Fontán Pérez (parcela 339), Jesús Río Quiroga (parcela 340) e Paz Río Espín (parcela 351), todas elas do polígono 36.

Oeste: predios particulares de Jesús Río Quiroga (parcela 122 do polígono 36), Asunción Gayo Aira (parcela 47 do polígono 36), Ana María López Sánchez (parcela 48 do polígono 36).

Parcela nº 2 (que corresponde ás parcelas 251 do polígono 44 e 107 do polígono 37):

Norte: predios particulares de Asunción Gayo Aira (parcela 234), Evaristo Rivera Tallón (parcela 235), Fe e Josefa Regueiro Pérez (parcela 236), Jesús Celeiro Río (parcela 237), Manuel Aira Fontal (parcela 238), Jesús Río Quiroga (parcelas 248 e 243), herdeiros de Manuel Gayo González (parcela 242), Constantino Corral Rodríguez (parcela 241), Manuel Pérez Tourón (parcela 240), Manuel Fontán Pérez (parcela 247) e estrada de Vilar a Lamas. Todas elas no polígono 44.

Sur: predios particulares de Evaristo Rivera Tallón (parcelas 541 e 538), Asunción Gayo Aira (parcela 540), Paz Río Espín (parcela 539), Fe Regueiro Pérez (parcela 537), Jesús Celeiro Río (parcela 536), Manuel Aira Fontal (parcela 535), Manuel Pérez Tourol (parcela 534), todas elas no polígono 44.

Leste: estrada LU-634 de Vilar a Lamas, monte comunal de veciños de Biduedo (parcela 386 do polígono 44), predios particulares de Avelino Gayo Pérez (parcela 96), herdeiros de Jesús Quiroga Montano (parcela 91), Jesús Río Quiroga (parcela 105), todas elas no polígono 37.

Oeste: predios particulares de Jesús Río Quiroga (parcela 252 do polígono 44), Jesús Celeiro Río (parcela 281 do polígono 44), Amparo, Eduardo, María, Celia, Avelina e Manuel López Torre (parcela 280 do polígono 44), Asunción Gayo Aira (parcela 279 do polígono 44) e estrada LU-634.

Parcela nº 3 (que corresponde ás parcelas 315, 316, 299, 300, 698 e 654 dos polígonos 44 e 45):

Norte: predios particulares de Carmen Regueiro Pombo (parcela 234 do polígono 45), Blanca González López (parcela 272 do polígono 45), Paz Río Espín (parcela 662 do polígono 44), Constantino Corral Rodríguez (parcela 576 do polígono 44), Jesús Río Quiroga (parcela 575 do polígono 44) e estrada xeral de Triacastela a Sarria.

Sur: predios particulares de Manuel, Luz, Mª Carmen e Modesta Páez Fernández (parcela 49), José Busto López (parcela 48), Carmen Regueiro Pombo (parcela 47), herdeiros de Javier Iglesias Pérez (parcela 248 e 246), Manuel López Pérez (parcela 247), Manuel Río Rivera (parcela 245), todas elas no polígono 45.

Leste: predios particulares de Carmen Regueiro Pombo (parcela 59), Manuel Lago Rivera (parcela 60), MVMC de Queixadoiro (exp. 75/79) (parcela 314), e MVMC de Biduedo (parcela 274), todas elas no polígono 45.

Oeste: predios particulares de Ana María López Sánchez (parcelas 641 e 642 do polígono 44) e Manuel Río Rivera (parcela 96 do polígono 44).

Contra estas resolucións e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo