Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (116/2014).

Execución de títulos xudiciais 116/2014.

Executante: Fernando Castro Pose.

Executados: Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L. e Yesos y Morteros de Carballo, S.L.

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 116/2014.

Persoas que se citan: Yiesbies, S.L., Logística de Yesos y Morteros, S.L., Yesos y Morteros Milladoiro, S.L., Yesos y Morteros de Carballo, S.L., como parte executada.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición á comparecencia, facéndolles saber que deberá acudir a ditos actos coas probas de que se intente valer.

Lugar, día e hora en que debe comparecer.

Deben comparecer o día 15 de xullo de 2014, ás 9.00 horas, na sede do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, sita na planta baixa, sala 3, Edificio Xulgados, rúa Berlín, s/n.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que se intente valer (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio ás persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimientos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

A secretaria xudicial