De acordo coa proposta efectuada pola presidenta do Instituto Galego de Consumo, e en virtude do establecido no artigo 7.2º, en relación co artigo 7.1º.e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,
DISPOÑO:
Artigo 1
Substituír como membro titular do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º.e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Aurora Lamas López por Ana García Rodiño, da Federación Galega Euroconsumo.
Artigo 2
Substituír como membro suplente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido no artigo 7.1º.e) do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Julio Eiriz Iglesias por Ana Cores Meixus, da Federación Galega Euroconsumo.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía e Industria