Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29293

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servizo público de recollida de residuos sólidos urbano (RSU), limpeza viaria e contedores neste concello.

Tras aprobar o Pleno desta corporación o expediente de contratación para a licitación da xestión do servizo público de recollida de residuos solidos urbanos, limpeza viaria e de contedores no termo municipal de Poio, establécese un prazo total de 45 días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) ou no Diario Oficial de Galicia (DOG), que se distribuirán de acordo co seguinte cronograma:

– Os 10 primeiros días hábiles para presentación de alegacións e aclaracións aos pregos.

– Os 5 días seguintes hábiles para resolución, de ser o caso, das dúbidas presentadas e publicación, se procede, no perfil de contratante.

– Os 30 días hábiles restantes, contados a partir do seguinte ao de remate do período de resolución, é dicir, desde o décimo sexto día hábil incluído seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG, para a presentación de proposicións.

Entidade adxudicadora: Concello de Poio. Dependencia: Servizo de Contratación.

Obxecto do contrato: xestión do servizo público de prerrecollida, recollida, transporte e transferencia de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e lavado e limpeza de contedores.

Tramitación e procedemento de adxudicación. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Prazo de execución: 16 (dezaseis) anos.

Tipo de licitación: 13.162.973,76 €, IVE incluído; 822.685,86 € IVE incluído, anual.

Garantías: provisional: 18.000,00 €; Definitiva 5 por 100 do prezo de adxudicación, excluído o IVE.

Información para obtención de documentación: Concello de Poio, Servizo de Contratación. praza do Mosteiro, 1, 36995 Poio, teléfono: 986 77 00 01, extensión 214, fax: 986 77 12 77, web municipal (perfil de contratante): www.concellodepoio.es; correo electrónico: contratación@concellodepoio.es.

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral do Concello, das 8.30 ás 14.30 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, ou por calquera dos medios e lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de 30 días hábiles contados desde o décimo sexto día hábil incluído seguinte ao da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións técnicas e económicas: pola mesa de contratación no salón de sesións da casa do Concello, ás 8.00 horas do vixésimo día hábil seguinte, que non cadre en sábado, ao de remate do prazo de presentación, agás que se dispoña cambio, que se publicará no perfil de contratante do Concello (cláusula 15 do PCAP).

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 11 do PCAP.

Gastos: por conta do adxudicatario: estipulados na cláusula 23 do PCAP.

Poio, 5 de xuño de 2014

Luciano Sobral Fernández
Alcalde